Horario Administración: Lunes a viernes de 9:00 a 14:00 y 16:00 a 19:00. Viernes tarde 16:00 a 18:00 | Julio y Agosto: 9:00 a 15:00
Cofisad, o teu centro de Formación Profesional na Coruña
Benvido/a
Benvido/a a COFISAD Formación Profesional, o Colexio de Oficios que leva máis de 30 anos formando profesionais.
Grazas pola túa visita á nosa páxina.
O noso centro intenta ofrecerche a mellor formación actual en profesións de máxima demanda.
Da nosa experiencia xorde a idea de que o máis importante nunha boa formación é moita práctica, que cun bo reforzo teórico, fará que a túa saída profesional sexa o máis completa posible.
E o tempo vainos dando a razón, xa que o índice de colocación dos nosos alumnos é o maior orgullo que temos, e que nos leva a pensar en que estamos facendo ben as cousas.
Recoñecemos que o camiño que nos queda é longo e que moitas cousas pódense mellorar e niso estamos; pero tanto para os alumnos que xa son parte do noso centro, como para os que ingresen nos próximos anos só queremos deixarlles clara a nosa única idea: que atopen o mellor traballo posible grazas á formación recibida nas nosas aulas.
En Cofisad queremos xogar un papel relevante nas políticas de Responsabilidade Social Empresarial. Atopámonos nun momento de cambios, no que a sociedade demanda empresas sostibles desde todos os puntos de vista, cunha xestión financeira responsable, con políticas socio-laborais integradoras e con actuacións que minimicen o impacto ambiental no entorno. Como mostra do noso compromiso, en Cofisad contamos coas certificacións ISO 9001(Sistemas de xestión da calidade), ISO 14001(Sistemas de xestión ambiental) e estamos inscritos no rexistro de sistema comunitario de ecoxestión e ecoauditoría medioambiental EMAS. Temos realizado un diagnóstico da situación da RSE na empresa e creado unha web co único obxectivo de facilitar a divulgación e comunicación transparente da RSE a todos os interlocutores interesados.
Dende Cofisad queremos impulsar o compromiso das empresas co seu entorno próximo e coa sociedade en xeral para acadar un desenvolvemento totalmente sostible.
Acompáñanos no noso camiño.
á vosa disposición,
A Dirección do Centro
You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.








