Área de alumnos

Novidades

Xov, 12/04/2012
Proximamente iniciaremos un curso subvencionado para activos de Sistemas de Telecomunicaciones para Instaladores, creacion...
Xov, 12/04/2012
Todos los alumnos del curso de Gestor de Almacen que hayan finalizado las practicas en empresa y tengan derecho a diploma,...
Mér, 21/03/2012
El personal y los alumnos de colegio se unen a la iniciativa de recoger tapones de plastico para ayudar a Paula Nieto, una...
Horario Administración: Lunes a viernes de 9:00 a 14:00 y 16:00 a 19:00. Viernes tarde 16:00 a 18:00 | Julio y Agosto: 9:00 a 15:00

Linguas

Responsabilidade Social Empresarial

RSE Noticias

Cofisad elabora un diagnóstico da súa situación respecto á Responsabilidade Social Empresarial

Coa colaboración da Consellería de Traballo COFISAD elabora un estudo pormenorizado dos aspectos concretos da Responsabilidade Social Empresarial (RSE) dentro da organización, buscando puntos débiles e fortes, ameazas e fortalezas.

A fin do mesmo e tratar de mellorar no eido social e medioambiental, contribuíndo no conxunto da súa actuación ao desenvolvemento da nosa sociedade.

CINCO DIAS 17/11/2008

O investimento responsable segue sendo marxinal en España

O investimento socialmente responsable (ISR) experimentou un avance importante nos mercados financieiros internacionais. Mais en España o movemento é o contrario, xa que nestes intres a cifra de fondos xestionados con criterios ISR representa o 0,3% do capital investido, mentres que o ano anterior representaba o 0,48%.

A saúde do Investimento Socialmente Responsable (ISR) en España é débil desde o punto de vista do capital investido que se viu reducido nun ano ao pasar do 0,48% do total ao 0,3% actual. Con todo, aínda queda espazo para certo optimismo, xa que de acordo cos datos do Observatorio ISR 2008, elaborado pola escola de negocios Esade e o BBVA, dos 19 fondos ISR que hai en España, sete presentan rendibilidades positivas (o 37%) mentres que, do centenar de categorías de fondos que hai no noso país, apenas unha vintena logra manter a rendibilidade positiva (o 20%). 'Estes datos veñen constatar que os fondos ISR presentan mellores rendibilidades que os tradicionais en situacións de crises', aseguran os autores do estudo.

O informe tamén sinala que, a finais de 2007, en España existían 61 investimentos colectivos (IIC) socialmente responsables, das cales 19 eran xestionadas por institucións no noso país e 42 por institucións estranxeiras. 'Neste sentido, se o comparamos co ano anterior, en 2007 o número de IIC xestionadas no estranxeiro viuse incrementado en oito novas IIC socialmente responsables. O que fai pensar que a ISR ten futuro no noso país', engade o estudo.

As cifras do que ocorre en España están aínda lonxe doutros países como EE UU, onde máis do 10% do capital investido por xestores de fondos integra algunha das estratexias de ISR. Ademais, o crecemento da ISR foi unha das tipoloxías de investimento colectivo que máis aumentou desde 1995. Actualmente, ao redor do 11% dos activos (1 de cada 9 dólares investidos) baixo xestión profesional en EE UU adopta algún criterio de responsabilidade social.

Unha oportunidade no mercado

O director do Instituto de Innovación Social de Esade, Ignasi Carreiras, opina que a situación actual que se está vivindo nos mercados financeiros 'pode ser unha gran oportunidade para o Investimento Socialmente Responsable'. Carreiras destaca entre outros aspectos o feito de que os fondos ISR estean presentando mellores rendibilidades que os tradicionais, xa que se trata de fondos cun menor nivel de risco e que hai compañías nestes fondos que apostan fortemente pola RSC polo que teñen máis en conta os elementos de riscos'. É o caso de BBVA, cuxo director de Responsabilidade e Reputación Corporativa recordou que a entidade é a primeira en España que se adheriu aos Principios de Investimento Responsable de Nacións Unidas. 'Un compromiso que se vai a traducir nunha integración progresiva de criterios sociais, ambientais e de goberno corporativo na xestión de plans de pensións'.

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.