rse noticias
24/11/08 Cofisad Coa colaboración da Consellería de Traballo COFISAD elabora un estudo pormenorizado dos aspectos concretos da Responsabilidade Social Empresarial (RSE) dentro da organización, buscando puntos débiles e fortes, ameazas e fortalezas. A fin do mesmo e tratar de mellorar no eido social e medioambiental, contribuíndo no conxunto da súa actuación ao desenvolvemento da nosa sociedade. CINCO DIAS 17/11/2008 O investimento responsable segue sendo marxinal en EspañaO investimento socialmente responsable (ISR) experimentou un avance importante nos mercados financieiros internacionais. Mais en España o movemento é o contrario, xa que nestes intres a cifra de fondos xestionados con criterios ISR representa o 0,3% do capital investido, mentres que o ano anterior representaba o 0,48%.A saúde do Investimento Socialmente Responsable (ISR) en España é débil desde o punto de vista do capital investido que se viu reducido nun ano ao pasar do 0,48% do total ao 0,3% actual. Con todo, aínda queda espazo para certo optimismo, xa que de acordo cos datos do Observatorio ISR 2008, elaborado pola escola de negocios Esade e o BBVA, dos 19 fondos ISR que hai en España, sete presentan rendibilidades positivas (o 37%) mentres que, do centenar de categorías de fondos que hai no noso país, apenas unha vintena logra manter a rendibilidade positiva (o 20%). 'Estes datos veñen constatar que os fondos ISR presentan mellores rendibilidades que os tradicionais en situacións de crises', aseguran os autores do estudo. O informe tamén sinala que, a finais de 2007, en España existían 61 investimentos colectivos (IIC) socialmente responsables, das cales 19 eran xestionadas por institucións no noso país e 42 por institucións estranxeiras. 'Neste sentido, se o comparamos co ano anterior, en 2007 o número de IIC xestionadas no estranxeiro viuse incrementado en oito novas IIC socialmente responsables. O que fai pensar que a ISR ten futuro no noso país', engade o estudo. As cifras do que ocorre en España están aínda lonxe doutros países como EE UU, onde máis do 10% do capital investido por xestores de fondos integra algunha das estratexias de ISR. Ademais, o crecemento da ISR foi unha das tipoloxías de investimento colectivo que máis aumentou desde 1995. Actualmente, ao redor do 11% dos activos (1 de cada 9 dólares investidos) baixo xestión profesional en EE UU adopta algún criterio de responsabilidade social. Unha oportunidade no mercadoO director do Instituto de Innovación Social de Esade, Ignasi Carreiras, opina que a situación actual que se está vivindo nos mercados financeiros 'pode ser unha gran oportunidade para o Investimento Socialmente Responsable'. Carreiras destaca entre outros aspectos o feito de que os fondos ISR estean presentando mellores rendibilidades que os tradicionais, xa que se trata de fondos cun menor nivel de risco e que hai compañías nestes fondos que apostan fortemente pola RSC polo que teñen máis en conta os elementos de riscos'. É o caso de BBVA, cuxo director de Responsabilidade e Reputación Corporativa recordou que a entidade é a primeira en España que se adheriu aos Principios de Investimento Responsable de Nacións Unidas. 'Un compromiso que se vai a traducir nunha integración progresiva de criterios sociais, ambientais e de goberno corporativo na xestión de plans de pensións'. |

